Tropa Verde colabora con NormalizAutismo Galicia cun sorteo para o "I Concierto Benéfico NormalizAutismo"
A entidade sen ánimo de lucro “NormalizAutismo Galicia” será a promotora deste evento co obxecto de fortalecer o labor inclusivo das persoas con trastorno espectro autista na sociedade galega a través da música.
 
Tropa Verde colabora coa asociación sen ánimo de lucro, NormalizAutismo Galicia cun sorteo de varias entradas para o "I Concierto Benéfico NormalizAutismo".
Rosa  Cedrón como madriña deste evento estará acompañada doutros artistas galegos como Luís  Fercán, David Prado, Jorge Casal, Carmela Pequena e Álvaro Igrexas. Os artistas nacionais Jorge  Marazu,  Txetxu  Altube,  Mäbu,  Virginia Maestro,  Siloé, Pablo Moreno, Pol 3.14 e Carlos Suárez sumaranse tamén, coa súa colaboración, a esta iniciativa de normalización e visualización do trastorno espectro autista. 
A recadación deste concerto irá destinada integramente ao desenvolvemento de campañas informativas e de sensibilización para a visualización e mellor comprensión das afeccións que acompañan a este trastorno. 
A continuación, explicamos os pasos a seguir para participar no sorteo:
Quen?
Poderán participar nesta iniciativa todos os membros da Tropa Verde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropa Verde pode darse de alta en tropaverde.org
Como?
Co comezo do  lanzamos un concurso moi verde para todos os membros da Tropa Verde:
Para participar no presente concurso os participantes deben seguir as seguintes instrucións:
     1. Darlle a "me gusta" a publicación.
     2. Ser membro da Tropa Verde.
     3. Ser seguidor do Facebook de Normalizautismo
     4. Compartir a publicación.
Cando?
A iniciativa terá unha duración dende o 7 ata o 21 de setembro do 2018. E os gañadores saberanse o propio día 21.
Premio
Entre todos os participantes  realizarase un sorteo de 3 packs de entradas para dúas persoas para o I Concierto Benéfico NormalizAutismo na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 26 de setembro 
NormalizAutismo Galicia
Asociación sen ánimo de lucro promovida por familiares e amigos de persoas con trastornos do espectro do autismo ( TEA).
Preocupados por mellorar a calidade de vida e por promover o exercicio efectivo dos dereitos destas persoas, creceu o noso convencemento acerca da necesidade de ir máis aló dirixindo todos os nosos esforzos cara á sociedade galega mediante o desenvolvemento de campañas sociais e de información, repartidas durante todo o ano.
O traballo que se está facendo en Galicia por parte de familiares e organizacións na prestación de apoio a persoas  TEA ten un valor incalculable e está a obter uns moi bos resultados, resultados que se poden potenciar se incidimos aínda máis sobre as contornas non tan próximos dos afectados, co obxectivo de que a poboación galega teña un concepto máis claro do autismo xunto cunha noción básica sobre cales son as principais aptitudes e/ou insuficiencias que estas persoas manifestan, ata lograr unha convivencia máis inclusiva, aberta e  bidireccional.
Voltar o listado