Agora reciclar en Marín ten premio grazas á Tropa Verde!

 Tropa Verde pretende concienciar aos veciños de Marín da importancia da reciclaxe e a correcta xestión dos residuos. Ao mesmo tempo poténciase o comercio local. 

71da96ca09507d27bcf732256cecbb2284a9d7fe
A empresa Teimas Desenvolvemento, en colaboración co Concello de Marín e seleccionada dentro do plan social de Ence puxeron en marcha o proxecto Tropa Verde. Esta iniciativa, activa desde o pasado 7 de setembro pretende concienciar aos veciños de Marín da importancia da reciclaxe e a correcta xestión dos residuos, ao mesmo tempo que potencia o comercio local.

O proceso para participar é sinxelo. Os participantes teñen que inscribirse a través da web tropaverde.org. Cando leven os seus residuos, obterán un cheque cun código que deberán introducir na mesma web. Entón, recibirán uns puntos, chamados "estrelas", que se poderán Trocar por produtos e descontos no comercio e na hostalería local.

A Tropa Verde está a ter unha excelente acollida entre os comerciantes, xa se conta cunha rede de máis de 22 establecementos colaboradores e 300 recompensas e descontos por un valor de case 2.500 euros que se seguen incrementando.

As recompensas que reciben os bos recicladores inclúense en oito categorías distintas: Hostalería, Comercio, Cultura, Concello, Deporte, Saúde, Infantil e Estética. Entre elas pódense atopar desde sesión de láser gratuíto, limpezas bucais, consultas, práticas de conducir, sesión de presoterapia, etc. e moitísimos descontos!

Acción de rúa:

O domingo 10 de setembro realizouse unha acción de rúa da Tropa Verdedentro do mercadillo de segunda man 3R: Reciclar + Reutilizar + Regalar xunto á Asociación de Mulleres O Abeiro,  para empezar a dar a coñecer a inicitiva entre os cidadáns de Marín.

No stand situado na Alameda de Rosalía de Castro  informouse sobre a iniciativa e regalouse unha chapa e un cheque da Tropa Verde con 10 estrelas a todas as persoas que se anotaron como usuarios da Tropa.  Todos os interesados puideron optar de maneira inmediata a premios, collendo un papel da urna souberon se foron gañadores dunha camiseta da Tropa Verde ou dunha lámpada casa solar. Pero o xogo non remata aquí... a maiores, para os que troquen o cheque que recibiron ese día, o mércores 27 de Setembro, participarán no sorteo dunha Cámara Acción Deportiva.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando